Domingo, Agosto 9

Xornada telemática de ioga en familia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O próximo sábado 30 de maio convidámosvos a embarcar nunha travesía familiar moi divertida: unha sesión de ioga online!

Nesta sesión aprenderemos a cooperar para remar todas e todos cara a mesma dirección, e a centrar a nosa atención co fin de atravesar tormentas emocionais e poder chegar a ese mar en calma que todas e todos desexamos.

Para participar non é preciso ter experiencia no ioga, tan só ter ganas de compartir en familia, coñecérmonos e disfrutar.

Tamén é preciso reservar praza escribindo a tempodefamilias@cabanas.gal, desde onde se porán en contacto para comunicar cómo acceder á xornada, que se desenvolverá a través de Zoom.

Share.