Xa está dispoñíbel a aplicación RadarCOVID

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial vén de anunciar a dispoñibilidade, ao fin, da aplicación Radar COVID en Galiza, logo de que a Xunta completase de adaptar os seus sistemas para o seu uso.

Esta aplicación serve para coñecer como se move o coronavirus polo territorio e garantir a seguridade, ofrecendo información instantánea se a persoa usuaria da aplicación estivo en contacto con algunha persoa positivo en COVID19 (e sempre que esta o comunique a través da propia aplicación).

O funcionamento da aplicación é totalmente anónimo, non sendo necesario introducir datos como o nome, teléfono ou DNI. Unha vez iniciada e configurada, a aplicación funciona en segundo plano, comunicándose con outros dispositivos das persoas coas que esteamos en contacto, de maneira que se algunha destas persoas comunica o seu positivo, recibiremos unha notificación para que nos poñamos en contacto cos servizos médicos e realizar a correspondente proba serolóxica. Cabe destacar que estas notificacións de positivos non informan nin de quen, nin onde nin cando se fixo o contacto, para garantir o anonimato da persoa positiva.

O bo funcionamento da aplicación depende en boa medida de que sexa moita a xente que a teña instalada, polo que desde o Concello de Cabanas animámosvos a facelo.

Descarga Radar COVID| Dispositivos Android

Descarga Radar COVID | Dispositivos Apple

Share.

Comments are closed.