Luns, Novembro 30

Turismo

A Área de Turismo xestiona todo o relativo á promoción turística do Concello de Cabanas, e traballa co obxectivo de potenciar un turismo máis sostíbel, que sexa beneficioso para o conxunto do territorio municipal e que desestacionalice o fluxo de persoas visitantes.

O servizo dispón de atención ao público previa cita.

Correo electrónico: turismo@cabanas.gal

Novo plano e folleto de información turística.

No período 2019 – 2020 a Área de Turismo levou a cabo a actualización do plano de información turística e tamén do folleto de información que se reparte ás persoas visitantes. Poden descargarse a continuación.

Patrimonio indiano 

O Concello de Cabanas, en colaboración coa Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra, elaborou unha guía do patrimonio indiano local. O documento é unha breve mostra da arquitectura indiana que se pode atopar no municipio, e pode descargase a continuación.

Novas Relacionadas