Tribo 3.0: un programa de actividades diferentes para mozas e mozos de 12 a 17 anos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os Concellos de Cabanas e Pontedeume, a través do Programa Activa, veñen de crear TRIBO 3.0, un espazo de encontro para as mozas e mozos de entre 12 e 14 anos que teñan ganas de coñecer xente, probar actividades diferentes e intercambiar experiencias, ideas e formas de pensar para construír esta nova realidade.

Para levar a cabo a activdade crearase un grupo de WhatsApp para estar en contacto, recibir información, intercambiar opinións e organizarse. Durante os meses de xullo, agosto e setembro programarase unha actividade semanal, algunhas online, outras presenciais e outras a través do propio WhatsApp, en función do que o grupo vaia sentindo.

Algunhas das actividades ou temáticas proposta son as seguintes, açínda que estarán abertas aos intereses das e dos participantes:

  • Música, voz, ritmo e percusión.
  • Actividades de conexión coa natureza.
  • Coeducación afectivo – sexual.
  • Relaxación e manexo de emocións intensas.
  • Bowspring.
  • Receitas de cociña saudábel.
  • Ecoloxía.
  • Creatividade.

O proxecto rematará no mes de setembro cun encontro final de convivencia dun día enteiro.

Aquelas mozas e mozos interesadas en participar ou solicitar máis información poden chamar ao 981 495 959 (extensión 2) ou enviar un WhatsApp ao 659 553 938. A data límite para inscribirse será o luns 20 de xullo.

A actividade está coordinada por Naiara González Fontenla, e participan do equipo técnico a propia Naiara, Andrés Rodríguez Rodríguez, Noelia Darriba García, Raquel Veiga Teijeiro, Pancho Vilela e Eva Varela Freire.

Share.

Comments are closed.