Sofía Espiñeira puxo a nota musical ao 25N en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A cantautora feminista Sofía Espiñeira puxo a nota musical este 25 de novembro, Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller, en Cabanas, cun concerto no que estivo acompañada do violoncellista Guillermo Alzugaray e o pintor Leandro Lamas. Este último realizou en directo unha pintura que posteriormente foi sorteada entre as persoas asistentes.

Ademais, no pleno ordinario celebrado este mércores, deuse lectura a unha declaración institucional para conmemorar este día. No texto, o Concello de Cabanas rexeita calquera forma de violencia machista, e reclama da Xunta de Galiza o incremento dos recursos económicos destinados a loitar contra esta lacra.

O Concello de Cabanas vén celebrando diversos actos ao longo de todo o mes de novembro para conmemorar o 25N, como un obradoiro de masculinidades disidentes destinado a homes maiores de idade e outros sobre sexualidade e cultura menstrual, para a comunidade educativa do CEIP Eladia Mariño.

Descarga | Declaración Institucional do Concello de Cabanas polo 25N

Share.

Comments are closed.