Venres, Agosto 14

Servizos Sociais

A Área de Servizos Sociais é a encargada do benestar da veciñanza, detectando  necesidades e carencias sociais, traballando na prevención de problemáticas sociais e pulando pola inserción social. Ofrece intervención social personalizada, e de ser o caso, a prescrición técnica para a derivación ao servizo social especializado máis idóneo ou a outros sistemas de protección social.

A unidade está formada por unha traballadora social, unha educadora social e unha auxiliar administrativa.

O servizo dispón de atención ao público previa cita.

Correo electrónico: servizos.sociais@cabanas.gal

Axuda no Fogar

O Servizo de Axuda no Fogar presta apoio persoal e doméstico para o mantemento na vivenda habitual da persoa beneficiaria.

Educación e Apoio Familiar

Servizo de apoio educativo e psicosocial dirixido ás familias e unidades de convivencia.

Programa de Inserción Social

Inclúe diversos trámites, como a xestión de prestacións ou o Plan de Inclusión.

Cidade Amiga da Infancia

Estratexia local para o cumprimento dos dereitos das crianzas e da mocidade da acordo coa Convención sobre os Dereitos da Infancia.

Programa complementario de educación e apoio familiar

Operación cofinanciada pola Unión Europea a través da Estratexia de Inclusión Social de Galicia e do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 cuxo obxectivo é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social, favorecendo a mellora da situación sociofamiliar da poboación beneficiaria.

Programa de Cooperación e Solidariedade Social:

Abrangue diversos programas, como os seguintes:

  • Mencer na Escola. Servizo de coidado e atención ao alumnado do CEIP Eladia Mariño antes do horario lectivo.
  • Cabanas Concilia. Actividades para facilitar a conciliación persoal, familiar e laboral nos períodos de vacacións.
  • Tempo de Familias. Espazo de encontro, reflexión e intercambio sobre a crianza e a educación desde a perspectiva do apego e o bo trato. Conta cun correo electrónico propio: tempodefamilias@cabanas.gal
  • Club +60. Obradoiro de desenvolvemento persoal, social e cultural para persoas maiores.
  • Envellecemento activo. Espazo de participación e encontro das persoas maiores co obxecto de favorecer as relacións, prevención do illamento e reforzo de redes sociais de apoio.
  • Memoria dun século. Obradoiros parroquiais de historia oral e saúde comunitaria.
  • PAI As Viñas. Recurso de conciliación para o coidado e atención de nenas e nenos de 0 a 3 anos.
  • Facendo Escola. Accións socioeducativas dirixidas á comunidade educativa na etapa de educación secundaria.
  • Prevención de drogodependencias e de condutas aditivas. Proxecto de promoción e de educación para a saúde dirixida a toda a comunidade.
  • Programa municipal de voluntariado social. Actividades de voluntariado dirixidos fundamentalmente á dinamización sociocomunitaria.

Novas
Club +60 na casa
De

Desde hai uns días temos en marcha o “Club+60 na casa”, a versión a distancia do noso Club+60. Esta actividade de dinamización está destinada ás persoas…