Segunda edición do proxecto Relevo2020 para a formación no sector pesqueiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A través do GALP Golfo Ártabro Norte, do que forma parte o Concello de Cabanas, estase a traballar na segunda edición do proxecto Relevo2020, unha iniciativa de carácter formativa dirixida a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos que ten como obxectivo principal o relevo xeracional no sector pesqueiro a través da súa capacitación.

Esta segunda edición levarase a cabo entre os meses de xaneiro e abril de 2021, estando dispoñíbeis 15 prazas para a realización do curso.

A través da web relevo2020.org pódese acceder a toda a información e tamén aos formularios de inscrición nas formacións, que serán de carácter gratuíto.

Share.

Comments are closed.