Santo André de Cabanas

 

IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ANDRÉ DE CABANAS

ESTILO: GÓTICO (NA SÚA ORIXE)
DATACIÓN: S. XVIII
PARROQUIA: CABANAS
LUGAR: CABANAS
COORDENADAS XEOGRÁFICAS:
43º 25′ 06.9” N/ 008º 09′ 40.9” W

Igrexa parroquial do século XVIII, que deriva de diversas etapas constructivas o que lle dá á igrexa un aspecto irregular. A fachada da igrexa é lateral por razóns do seu emprazamento. A nave, á que se arrima unha torre, presenta a cada lado do presbiterio, dúas capelas. A capela Sur oo de Rioboo foi fundada no ano 1683. A capela Norte dá acceso ás estanzas que constitúen a sancristía.

FICHA