Resultado do sorteo da campaña de promoción económica “Merca en Cabanas”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Tal e como estaba establecido nas bases, no día de onte celebrouse o sorteo de campaña de promoción económica “Merca en Cabanas“, unha proposta de dinamización do consumo e comercio locais posto en marcha desde a Área de Promoción Económica.

En total repartiranse un total de 23 premios, o primeiro de 200 euros, o segundo de 150, o terceiro de 100 e 20 premios adicionais de 50 euros, que as persoas gañadoras recibirán en vales para mercar nos establecementos participantes na promoción até o próximo 30 de novembro.

A continuación pódese descargar a acta do sorteo coa relación de persoas gañadoras dos mesmos. A entrega de premios terá lugar o próximo luns, 14 de setembro, ás 12h no Salón de Plenos.

Descarga | Acta do sorteo Merca en Cabanas

Share.

Comments are closed.