Representación da obra “A nena que quería navegar” en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Rede de Dinamización Lingüística da que é membro, vén de programar unha actividade teatral dirixida ao público infantil e famlia. Trátase da obra A nena que quería navegar, de Redrum Producións.

A nena que quería navegar é unha comedia para o público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mixturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.

A sinopse da obra conta que “A nena, farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura atoparase co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adeviñanzas, xogos e cancións devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.”

A representación será o sábado 12 de setembro ás 12.00h, no Salón de Plenos da Casa do Concello, e estará limitada a 25 prazas. A inscrición deberá facerse a través dos teléfonos 981 495 959 (ext. 6) / 649 075 263 ou por correo electrónico escribindo a normalizacion@cabanas.gal

Share.

Comments are closed.