Rematadas as obras de arranxo dos camiños do Batán e Os Bouces

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anunciou que veñen de concluír as obras de arranxo nos camiños do Batán, na parroquia de Porto, e Os Bouces, na de Salto.

En ambas as dúas actuacións realizáronse traballos de limpeza e preparación das cunetas para a recollida da auga, aglomerado do firme e pintado de sinalización horizontal, destinadas as mellorar a seguridade de vehículos e viandantes.

A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, valorou positivamente estas actuacións, que considera “necesarias e imprescindíbeis” dado o mal estado no que se atopaba o firme.

Os traballos realizáronse con cargo ao Plan marco de mellora dos camiños municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado con Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR).

Share.

Comments are closed.