Xoves, Setembro 24

Punto e final ás Festas de Santa Marta máis atípicas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Unha sesión de cinema ao aire libre, coa proxección de “Los Futbolísimos”, puxo fin onte á noite ás Festas de Santa Marta 2020, unha cita que veu marcada a súa programación pola convivencia coa pandemia da COVID-19. Foi por iso polo que desde o Concello de Cabanas programáronse actividades seguras, evitando as aglomeracións de persoas e apostando pola seguridade.

Feira de artesanía, alimentación e outros produtos.

Desde o venres até o domingo estivo aberto ao público a Feira de Santa Marta, na que se deron cita unha trintena de postos de diversa índole. As persoas que se achegaron á feira puideron facerse con deseños creativos en coiro, máscaras de tea, produtos de alimentación e outras creacións artísticas, ademais de outros produtos de saldo.

Actuacións dos Festicultores e de Latexo Percusión

Os momentos musicais máis agardados foron os das actuacións dos Festicultores, o sábado á tardiña, e Latexo Percusión, o domingo logo de comer.

Os Festicultores encheron de festa o Paseo Marítimo e fixeron un percorrido no que animaron a bailar, mantendo as distancias, á xente que se achegou ver a actuación.

Pola súa banda, Latexo Percusión fixo o propio o domingo cunha actuación na que fixeron soar os seus instrumentos de percusión cunha batukada que non deixou a ninguén indiferente.

Maxia co Mago Romarís

O Mago Romarís achegou sorprendeu ás crianzas co seu espectáculo de maxia á feira, no que puideron ver algunhas imaxes sorprendentes a través de varias estacións distribuídas por diferentes puntos do antigo campo de fútbol, nun circuíto marcado e ao que se podía acceder logo de someterse ao control de temperatura e lavar as mans con xel hidroalcohólico.

As actuacións inclúense dentro do Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Share.