Proxección do programa “Desertores do asfalto” en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas proxectará en primicia o capítulo do programa “Desertores do Asfalto” que homenaxea a Cabanas e a súa veciñanza. Trátase dun novo formato da TVG elaborado pola produtora NÓS e presentado por Rocío Barrio.
A proxección realizarase o sábado, 16 de novembro, ás 19.00h no Salón de Plenos da Casa do Concello, e quen se achegue poderá descubrir como é a vida en Cabanas para persoas como o ebanista Davide Otero (Mundo Piquelo), a orfebre Rosa Higuero, a profesora Isabel García (#rodandodiversidadenaigualdade) ou a asociación de mulleres Cabanas Rural.
“Cabanas é un concello acolledor, un lugar que cada vez escolle máis xente para vivir tranquila, fuxindo do asfalto das cidades e apostando por traballos e actividades máis amábeis co entorno”, sinalou o tenente de alcalde, Iago Varela, quen convidou a toda a veciñanza a unirse á cita “para ver o concello desde unha perspectiva nova e diferente”.
Share.

Comments are closed.