Mércores, Outubro 28

Prohibición entrada ao Piñeiral da Madalena

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

D. Carlos Ladra Brage, Alcalde do Concello de Cabanas, en cumprimento do establecido no articulo 21.1.e) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

FAI SABER QUE:

Unha vez analizada a situación do piñeiral da Madalena, despois do paso da última borrasca Fabien, que provocou a caída de máis dunha vintena de árbores e innumerables caídas de
ramas, o Concello de Cabanas está a levar a cabo traballos de acondicionamento e mellora da seguridade. Para garantir a seguridade de todos e todas, desde o Concello tomase as seguintes decisións:

  • Prohibir o acceso peonil e rodado ao piñeiral da Madalena para asegurar a seguridade da zona, ata nova publicación dun bando á finalización dos traballados e coa reapertura de circulación peonil e rodada.
  • Permitirase o acceso única e exclusivamente a persoal autorizado polo Concello.

Para velar pola súa seguridade, rogamos o cumprimento de establecido no presente Bando.

En Cabanas, a 24 de decembro de 2019

O Alcalde,
Carlos Ladra Brage

20191224_Acordo_Bando alcaldía Piñeiral

Share.