Principais novidades da “Fase 2” da desescalada da crise da COVID-19

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A partir do próximo luns, 25 de maio, a provincia da Coruña, e nomeadamente o concello de Cabanas, ingresa na “Fase 2″ do proceso de desescalada da crise sanitaria provocada pola COVID-19.

Isto significa que se flexibilizan algunhas medidas, entre elas as seguintes:

  • Pódese circular pola provincia en grupos de máximo 15 persoas (sen límite se conviven no mesmo domicilio).
  • Amplíase o número de persoas que poden acudir aos velorios. 15 persoas en interiores, 25 en exteriores. Enterros cun máximo de 25 asistentes, mais a persoa oficiante.
  • Permítese a apertura do comercio cun aforo restrinxido ao 40%, sempre e cando se poida manter un distanciamento social de 2 metros.
  • Permítese abrir as zonas interiores (mesas) de bares e restaurantes, co aforo limitado ao 40% no interior , e se amplían sterrazas ao 50%.
  • Permítese o acceso á praia para o baño recreativo dentro da mesma provincia, respetando a distancia social de 2 metros entre bañistas. Tamén se debe deixar un espazo de 2 metros entre toallas.
  • Práctica deportiva (persoas no federadas). No caso do noso concello, a práctica deportiva para persoas non federadas segue limitada a persoas de Cabanas, cunha única saída ao día, sen usar transporte para chegar ao lugar de adestramento e mantendo a distancia social pertinente. A única novidade neste punto é que se permite adestrar en grupo.

Estas medidas so de aplicación no noso concello desde mañá, luns 25 de maio.

Share.

Comments are closed.