Sábado, Outubro 31

Primeira xornada do servizo de atención a coidadoras

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Esta mañá tivo lugar a primeira xornada do Servizo de Atención a Coidadoras, unha serie de talleres destinados a aquelas persoas que son ou foron coidadoras de persoas dependentes.

Os talleres desenvolveranse durante varios venres en horario de mañá, con sesión de dúas horas, e neles traballaranse hábitos saudábeis, a relaxación e a dixitalización.

Share.