Martes, Decembro 1

Primeira xornada da Escola de Pilotos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado venres comezou o obradoiro para a mocidade da Escola de Pilotos, que promove a Concellaría de Mocidade e que está impartido polo instrutor Alain Fistonich de Espazo Vivo. Alain é piloto de drons, e está especializado en robótica, programación e astronomía maker. A intención é que despois de tres sesións de tres horas, as persoas participantes poidan realizar pilotaxe de drons con total seguridade e coñecemento.

Nesta primeira sesión do venres, apredéuselles ás participantes todos os tipos de drons que existen, e se deron as primeiras pautas para comprender as medidas de seguridade que se teñen que tomar para o bo manexo dun dron. Logo da clase teórica, comezaron a poder ter os primeiros contactos con diferentes tipos de drons básicos, para poder familiarizarse na pilotaxe.

A actividade levouse a cabo no pavillón de Lavandeira, con dous grupos de catro rapaces e o canda seu monitor, para así cumprir as normas establecidas para a loita contra a COVID-19.

O concelleiro de mocidade e alcalde, Carlos Ladra, valorou as formacións de “interesantes e positivas para a mocidade da vila, non só por entreterse nos tempos da COVID, senón que tamén abre a porta a unha posíbel saída laboral, xa que hoxe en día esta pilotaxe de drons é unha profesión en auxe.

Share.