Presentación dos Orzamentos de 2021 ás asociacións e entidades

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Consello de Participación Veciñal (CPV) de Cabanas, reunido onte en sesión ordinaria, analizou o proxecto de Orzamentos Municipais para 2021, como paso previo para o seu debate en comisión – prevista para hoxe – e posterior aprobación polo pleno municipal antes de final de ano.

O proxecto de Orzamentos de Cabanas para 2021, que ascende a 3.055.016,33 €, foi presentado polo tenente alcalde e presidente do Consello de Participación, Iago Varela, xunto coa concelleira de asociacionismo, Diana Rodríguez. Ambos os dous deron conta das principais novidades dos Orzamentos de 2021, tanto na reorganización do documento para facilitar a súa análise como nas cantidades destinadas ás diferentes partidas.

Os Orzamentos do Concello de Cabanas para o ano 2021 incrementan notabelmente o gasto social, así como en partidas de limpeza por mor da COVID19. Tamén se inclúen partidas para proxectos a longo prazo, como a recuperación do Piñeiral da Madalena, e a reparación do camiño de Chamoso, entre outras.

O Consello de Participación Veciñal está constituído por unha representación do Concello, as asociacións e os partidos políticos que teñen representación no pleno, e ten entre as súas funcións presentar iniciativas, propostas e suxestións, así como estudar os Orzamentos municipais antes da súa aprobación polo pleno.

Share.

Comments are closed.