Sábado, Setembro 26

Praias e Muiños

 

Cunha lonxitude aproximada de 5.94 km., este percorrido lévanos desde a rotonda que dá acceso á praia da Madalena ata a praia de Río Castro, pasando pola praia de Chamoso, as Modias, a travesía do Río, o parque do Areal e o paseo da Madalena, devolvéndonos ao lugar de partida.
A baixa dificultade e duración do traxecto fano apto para case todas as persoas; un calzado cómodo cun bo axuste e a precaución necesaria (non esquezamos que transcorre por zonas de cantís) proporcionarannos unha gratificante travesía.
Apto para bicicleta soamente nalgúns tramos.

PRAIAS E MUIÑOS