Peche preventivo do PAI As Viñas por contacto estreito por coronavirus

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[Actualización 30/10] Tras a confirmación dun caso positivo na comunidade do PAI, o goberno decreta o peche do centro até recibir indicacións de apertura por parte das autoridades sanitarias.

O Concello de Cabanas informa de que vén de comunicar o peche preventivo do Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas pola aparición dun positivo nun contacto estreito da comunidade educativa do centro.

Á espera de que se confirme o resultado das probas PCR, o centro permanecerá pechado os días 29 e 30 de outubro, e procederase a realizar unha desinfección en profundidade por parte da empresa adxudicataria do servizo, adicional ás labores diarias de limpeza e desinfección.

A Concellaría de Servizos Sociais supervisará a evolución da situación e manterá informadas ás familias sobre a reactivación do servizo.

Desde o Concello de Cabanas pídese á poboación que extreme as precaucións ante o aumento de contaxios na comarca, e lembra a importancia de seguir as recomendacións sanitarias establecidas polas autoridades competentes.

Share.

Comments are closed.