Sábado, Setembro 26

Obras gañadoras do I Certame de Poesía Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A comezos de xuño, o xurado formado polo escritor Antonio M. Fraga, a poeta Eva Veiga e a concelleira de normalización lingüística do Concello de Cabanas, Paula González, fixo pública a resolución das obras gañadoras do I Certame de Poesía Concello de Cabanas, celebrado con motivo do Día das Letras Galegas 2020, adicadas a Carvalho Calero.

Na categoría adulta resultou gañadora a obra “A perda” presentada por María Esther Val Rodríguez (Narón, 57 anos), mentres que no premio infantil o xurado decidiu que fose un premio ex aequo entre as obras “O noso virus”, de Icía María Izquierdo González (Ferrol, 12 anos), e a obra “Vaite COVID 19”, de Manuela Feal Rivas (Cabanas, 10 anos). Na categoría xuvenil a gañadora foi Ana Fraile Somoza (Ourense, 17 anos), que presentou a obra “Versus corona versus“.

A continuación pódese descargar o libriño coas obras gañadoras en formato PDF. Ademais, o Concello de Cabanas vén de programar unha gala para o próximo 2 de outubro no que se fará entrega dos premios ás obras presentadas, e dos detalles para todas as persoas que participaron. Máis adiante daranse detalles do formato e horario da mesma.

Descarga | Libriño coas obras gañadoras do I Certame de Poesía (pdf)

Share.