Mércores, Maio 8

O prazo de inscrición no programa “Mencer na Escola” comeza o próximo 1 de setembro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O programa Mencer na Escola é unha medida municipal de conciliación dependente da Concellaría de Servizos Sociais. Trátase dun recurso de apoio para posibilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, e está ofertada prioritariamente a aquelas familias que non poden contar con outros recursos da rede familiar ou social, ou non lles é práctica a aplicación das medidas legais destinadas a facilitar a conciliación laboral e familiar.

O programa está dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria do CEIP Eladia Mariño, e desenvolverase todas as mañás lectivas do curso escolar desde as 7.30 até as 9.30 horas. Nel, levaranse a cabo actividades recreativas e socioeducativas para as crianzas, e se proporcionan almorzos saudábeis para aquelas que as soliciten.

Neste curso 2020/2021, o servizo Mencer na Escola iniciarase o día 10 de setembro. Todas as persoas interesadas en inscribirse, deben facelo presentando a correspondente solicitude no Rexistro Municipal a partir do próximo martes, 1 de setembro, de maneira presencial ou telemática a través da sede electrónica cubrindo a instancia que se pode descargar ao final do artigo.

Os prezos, con carácter mensual, son os seguintes:

  • Días soltos: 3 €/día con almorzo, ou 2,50 €/día sen almorzo.
  • Servizo entre 1 e 3 días/semana: 15 €/mes con almorzo ou 10 €/mes sen almorzo.
  • Servizo entre 4 e 5 días/semana: 30 €/mes con almorzo ou 21 €/mes sen almorzo.
  • Bonificacións: A Ordenanza reguladora establece unha bonificación do 50% do prezo público cando participen 2 ou máis membros da mesma unidade familiar. Ademais, en casos excepcionais, pódese acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público previo informe dos Servizos Sociais.

Para máis información sobre o servizo, as persoas interesadas poden dirixirse por correo electrónico a servizos.sociais@cabanas.gal ou vía telefónica no 981 495 959 (ext. 6).

Descarga | Formulario de inscrición.

Share.

Comments are closed.