“O paroleiro”, contacontos para todas as idades este sábado na Casa do Concello

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Paroleiro é moi amigo de parolar… gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Contar sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leva na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos.

Os contos de Pablísimo presentan O Paroleiro. Esta sesión de contacontos é unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e de tradición oral, cuxo obxectivo é dar a coñecer os contos de transmisión oral así como os contos máis contemporáneos. Para iso fai uso de sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, retahilos, brinquedas e cancións.

O Paroleiro chega a Cabanas este sábado, 12 de outubro, ás 12.30 horas no Salón de Plenos. Trátase dun espectáculo destinado ao público de todas as idades e a entrada é libre até completar o aforo. Agardámoste!

Share.

Comments are closed.