O Concello de Cabanas traslada a súa preocupación pola situación do río Eume

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas quere trasladar a súa preocupación pola situación do río Eume denunciada por diferentes colectivos e asociacións ecoloxistas nos últimos días.

Desde a área de medio ambiente de Cabanas, tras verificar que as autoridades competentes tiñan sido notificadas, estase a facer seguimento da situación para comprobar como evoluciona nos próximos días.

“Agardamos que as administracións implicadas poidan aclarar a situación na que se atopa o río nun prazo prudencial”, sinalou o tenente alcalde e concelleiro de medio ambiente, Iago Varela , quen advertiu que o Concello de Cabanas esixirá “unha investigación a fondo que aclare o que está a suceder no río e permita depurar as posíbeis responsabilidades”.

Foto: Colectivo Terra

Share.

Comments are closed.