Sábado, Abril 20

O BOP anuncia a aprobación definitiva de varios regulamentos e a modificación dunha ordenanza

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) anunciou onte, venres, a aprobación definitiva de tres novos regulamentos (Participación Veciñal; Venda Ambulante e Feiras; Rexistro Municipal de Entidades) e a modificación da Ordenanza de Axudas de Emerxencia Social, logo de que non tivesen recibido propostas de emenda tras a súa aprobación provisional polo pleno ordinario do pasado mes de marzo.

O novo regulamento de participación veciñal establece as diferentes vías de participación da veciñanza na vida municipal, fomentando a formulación de iniciativas veciñais e creando a posibilidade de facer preguntas nos plenos.

Pola súa banda, o regulamento de venta ambulante e feiras nace coa vontade garantir a boa convivencia da actividade de venda ambulante e mercados, regulando aspectos como os horarios, zonas de realización, condicións de montaxe ou a documentación que precisan presentar as persoas que monten os postos.

O regulamento do rexistro municipal de entidades, contemplado no regulamento de participación veciñal, establece un marco xurídico que permite coñecer documentalmente a realidade do tecido asociativo e de participación colectiva, co fin de dispoñer da información necesaria que dea soporte ás accións públicas que haxa que emprender para favorecer e facilitar a participación da veciñanza, así como garantir a transparencia na xestión municipal.

Por último, coa modificación da ordenanza de emerxencia social amplíase o número de persoas que se poden acoller ás axudas e se actualizan, ampliando, as cantidades das axudas para alimentación, coidado infantil, medicinas non cubertas polo sistema de saúde, transporte e reforzo escolar, entre outros.

A continuación poden descargarse os anuncios do BOP:

  1. Aprobación definitiva Regulamento de Participación Veciñal do Concello de Cabanas Descargar PDF
  2. Aprobación definitiva Regulamento de venda ambulante e feiras do Concello de Cabanas   Descargar PDF
  3. Aprobación definitiva Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Cabanas   Descargar PDF
  4. Aprobación definitiva modificación Ordenanza Axudas de Emerxencia Social do Concello de Cabanas   Descargar PDF
Share.

Comments are closed.