Nova regulación para a mobilidade peonil pola Ponte de Pedra

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, en colaboración co Concello de Pontedeume, informa de que desde hoxe queda regulada a mobilidade peonil pola Ponte de Pedra que separa ambas vilas, de maneira que as persoas que a atravesen deberán circular sempre pola marxe esquerda da estrada, ben sexa cando se dirixan desde Cabanas a Pontedeume ou viceversa.

Esta medida ten como obxectivo facilitar o poder gardar o distanciamento social entre as persoas que circulan pola ponte, evitando cruzarse con outras persoas.

A medida conta coa autorización por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e ao longo do día de hoxe quedarán instalada a sinalización para a súa regularización.

Share.

Comments are closed.