Nota aclaratoria respecto á continuidade das actividades culturais, musicais e deportivas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Despois dalgunha pregunta respecto á continuidade das actividades culturais, musicais e deportivas, ás que se lle deu traslado á Alcaldía e equipo técnico, gustaríanos facer algunha aclaración para disipar dúbidas.

O concello de Cabanas suspende a realización de actividades o 12 de marzo unha vez publicado o Bando de Alcaldía, onde se lle indicaba aos usuarios que “as próximas cotas descontarán o tempo de suspensión”. Dita suspensión foi causada tras a aparición de casos de Coronavirus na comarca. De maneira inmediata avisouse ás empresas Quorum, Immga Música e Sedega, xestoras das actividades culturais, musicais e deportivas, como así tamén aos monitores que dan servizo no noso concello.

A intención desta Alcaldía, concelleria de Cultura e equipo técnico municipal era manter vixente o servizo de maneira telemática, polo menos ata final de mes para poder garantir o posto de traballo dos traballadores e traballadoras no mes de marzo, información que se lles transmitiu tanto a empresas como a traballadoras e traballadores.

O día 14 de marzo, o goberno de España declara o Estado de Alarma por Real Decreto 463/2020, o cal suspende toda aquela contratación ou licitación dos servizos que non sexan esenciais.

Ditas empresas estaban pendentes da nova licitación do servizo, que non se realizou por causas organizativas (falta de persoal) o cal conleva unha insuficiencia de medios para realizar todos os contratos actualmente pendentes de licitación. Estas empresas non teñen contrato en vigor, xa que están caducados desde xaneiro de 2020. Neste caso, a Administración admite que as empresas poidan realizar os traballos que estaban a realizar, emitindo facturas dos servizos prestados, para así non interromper os servizos ata unha nova licitación dos mesmos.

Tanto a Alcaldía como o equipo técnico estiveron a traballar e asesorándose con outros municipios para poder ver e xestionar como manter o servizo ata final de mes, ou mesmo da posibilidade de mantelo no tempo se se puidese realizar telemáticamente, e foi aí onde comezaron a aparecer dúbidas debido á situación do contrato caducado das devanditas empresas.

Dada a situación dos devanditos contratos, e as dúbidas por parte de Secretaria-Intervención de poder manter os contratos ata final de mes, elevouse consulta ao servizo xurídico de Asistencia de Contratación da Deputación da Coruña, a cal o día 23 de marzo, indicounos a non procedencia de poder manter devanditos contratos ata final de mes, debido á súa situación de contrato fóra de vigor.

Esta información comunicouse ás empresas e aos traballadores e traballadoras o día 24 de marzo por parte do equipo técnico municipal, onde indicamos que o tempo de facturación só podería ser ata a data do 13 de marzo, día anterior da entrada en vigor do Estado de Alarma.

Queremos recalcar que a intención do goberno municipal e todo o equipo técnico era poder manter o servizo, polo menos, ata o día 31 de marzo, para así garantir o posto de traballo de todas e todos os traballadores das devanditas empresas.

Tamén se quere informar que, debido a que esta situación de estado de alarma está a prolongarse máis do pensado nun primeiro momento, en lugar de descontar o tempo de suspensión no mes que se puidesen reiniciar as clases, desde Alcaldía e o equipo técnico tomouse a decisión de proceder a devolver a parte proporcional das cotas polos días non gozados. O equipo técnico está a traballar niso e esperamos que a finais deste mes póidase proceder ás devanditas devolucións. Agradecemos a súa comprensión e, ante calquera novidade, manterémolos informados.

Atentamente:

Carlos Ladra Brage Alcalde e Concelleiro de Deportes.

Diana Rodríguez Fernández Concelleira de Cultura

María José López Venancio Técnica do Servizo de Cultura e Actividades Recreativas.

Share.