Domingo, Agosto 9

Normalización Lingüística

A Área de Normalización Lingüística ten como obxectivo darlle soporte á tarefa colectiva de extender o uso e a normalización da lingua galega.

O servizo dispón de atención ao público previa cita.

Correo electrónico: normalizacion@cabanas.gal

Programa Familingua

 O programa Familingua aporta as ferramentas para a promoción da crianza con apego en galego.

Certame de Poesía do Concello de Cabanas

O Certame de Poesía do Concello de Cabanas naceu en maio de 2020, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas adicado ao autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. O seu obxectivo é fomentar o uso e o prestixio da lingua galega a través da expresión artística e a creatividade, e está dirixido a persoas de todas as idades.

Rede Galega de Normalización Lingüística

A Rede Galega de Normalización Lingüística é unha asociación na que se desenvolven actuacións en materia de dinamización lingüística nos ámbitos social, cultural, educativo e lúdico.