Navegación segura, unha acción do Concello de Cabanas para o autocoidado das familias

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, no marco do proxecto de acompañamento emocional ás familias “Embarcas?”, vén de lanzar en coordinación co Centro de Saúde de Pontedeume a campaña “Navegación Segura.”

Navegación Segura é unha acción para promover o autocoidado das familias, así como a seguridade e a protección da veciñanza en xeral desde unha perspectiva local e familiar.

A campaña consiste nunha serie de videos sinxelos e naturais onde María Fresco Torrente, traballadora social do centro de saúde, explica cuestións de interese para as familias como os cambios provocados pola aparición da COVID-19 nos protocolos do centro, a necesidade de utilizar máscaras en tódalas idades desde os 2 anos e utilizalas de maneira correcta ou como facer un lavado de mans axeitado.

Podedes acceder aos vídeos nesta ligazón.

Share.

Comments are closed.