Muiños do Río Castro

MUÍÑO DE BENTÍN, Nº 1

O Muíño de Bentín consta dun tixolo en falsa bóveda. Aséntase en paredes feitas con anacos de pedras de pizarra. O teito que divide a zona superior da inferior está feita de grandes laxes de pizarra. No tixolo hai dous rodicios, colocados un enfronte do outro, no sentido no que entra e sae a auga. O máis interior dos dous está feito con pezas de fundición, mentras que o colocado cara ao exterior está formado por pezas de madeira. A dez ou quince metros sobre o nivel do río, na marxe oposta á que ocupa o muíño, atópase o estanque. A auga é transportada entre ambos lados por un tubo metálico. Este muíño continúa en uso.

MUÍÑO DE PARCEIROS DE PREGO OU DE TORRE, Nº 2

Situados a uns vinte metros corrente a baixo do Muíño de Bentin, na mesma marxe. Coñecido tamén polo nome de Muíño da Sociedade. Este muíño atópase en estado de ruínas.

MUÍÑO DE PARCEIROS DE BARREIROS E LOUSADA, Nº 3

O Muíño de parceiros de Barreiros e Lousada atópase a uns corenta metros río abaixo do Muíño de parceiros de Prego ou de Torre. Separan o chan do tixolo grandes laxes de pizarra. Os elementos do muíño xa non existen e este áchase en estado de ruínas.

MUÍÑO DA CAL, DAS SITAS, DE SAAVEDRA OU MUÍÑO DOS LAUREANOS, Nº 4

Conta cunha canle de cantería que conecta cun cubo máis grande do común, de catro a cinco metros. Este muíño encóntrase en estado de ruínas.

MUÍÑO Nº 5

Neste muíño a mesa, billa e aliviadoiro atópanse paralelos á corrente da auga, transversais á norma xeral deste tipo de muíños. Ademais do sistema de peche conta cun mecanismo que permite que a auga corra sen necesidade de que o muíño estea en funcionamento, pero mollando o rodicio para que este continúe húmedo e non se estrague. Este muíño segue funcionando.

MUÍÑO Nº 6

Muíño tipo en mal estado de conservación.

MUÍÑO Nº 7

Muíño practicamente derrubado na súa totalidade.

MUÍÑO Nº 8

Muíño practicamente derrubado na súa totalidade.

MUÍÑO Nº 9

Na parte alta o pé está colocado sobre dúas moas, probablemente pertencentes a outro muíño, tendo así máis elevación no novo muíño. Este atópase en desuso.

MUÍÑO Nº 10

Localizado baixo unha casa. Totalmente derrubado.

MUÍÑO Nº 11

Actualmente só se conserva unha das dúas partes que o compoñían. O tixolo é un arco de medio punto rebaixado. Este muíño encóntrase en desuso.

MUÍÑO Nº 12

Muíño tipo, fora de funcionamento na actualidade.

MUÍÑO Nº 13

Muíño tipo, non se usa na actualidade.

MUÍÑO Nº 14

Muíño tipo, non se usa na actualidade.

MUÍÑO Nº 15

Este muíño foi reconstruído como vivenda.

MUÍÑO Nº 16

Muíño tipo, fora de funcionamento.

MUÍÑO Nº 17

Muíño tipo. Atópase en desuso.

MUÍÑO DE CONSUELO A RICA, Nº 18

Consta de dúas pezas. Na actualidade só funciona unha.

MUÍÑO DE BERNARDINO, Nº 19

Formado por dúas pezas: unha úsase para o millo e a outra para o trigo. Este múíño segue a ser usado.

MUÍÑO Nº 20

Muíño de dúas pezas. Non se usa actualmente.

MUÍÑO Nº 21

Muíño tipo.

MUÍÑO Nº 22

Muíño tipo. Actualmente só se conservan as pedras de moer.

MUÍÑO DE CARMEN A RICA, Nº 23

Usado como vivenda na actualidade.

MUÍÑO DE CABADA I, Nº 24

Muíño tipo. Usado como vivenda na actualidade.

MUÍÑO DA CABADA II OU DO PRIORATO, Nº 25

A auga é desviada cara a un encoro uns cen metros antes do muíño. No lintel, sobre a porta, unha inscrición reza “SUCURSAL DEL PRIORATO”. Este muíño continúa en uso.

MUÍÑO DE TRIGO, Nº 26

Muíño con dúas pezas, un de trigo e outra de centeo. Un delas descansa sobre pedras dun muíño anterior. Este muíño atópase actualmente en desuso.

MUÍÑO DE LOUSADA, Nº 27

Muíño en estado de ruínas.

MUÍÑO Nº 28

Muíño con tixolos compostos por tres arcos de medio punto e pedras de cantería de granito. Actualmente encóntrase en desuso. O río avanza canalizado a partir deste muíño cara a adiante para abastecer aos muíños río abaixo.

MUÍÑO Nº 29

Muíño con dúas entradas de auga: a primeira úsase para o tixolo e a segunda para desviar a auga cando o muíño non está en funcionamento. Muíño en desuso.

MUÍÑO Nº 30

Muíño tipo. Usado para moer millo. Continúa en uso na actualidade.

MUÍÑO Nº 31

Muíño usado para moer trigo. Tixolo en V invertido. Continúa en uso.

MUÍÑO DA SERRANA, Nº 32

 

Contaba con dúas pedras, unha para millo e unha para trigo. Con dous tixolos e unha entrada de auga. No lintel da puerta pódese ver unha cruz latina potenciada. Non funciona actualmente.

MUÍÑO DE MEDAL, Nº 33

Muíño de dúas pedras, para millo e trigo, esta última en desuso. Conta cunha peneira que nos seus tempo se adaptaba ao muíño e separaba a fariña dos salvados. De propiedade particular, a parte alta é usada como vivenda.

MUÍÑO DE MARÉS, Nº 34

Ubicado na desembocadura do río, atópanse os restos dun muíño de tipo mixto; facíase funcionar con auga de mar e de río. Este muíño deixou de moer gran pasou a moer carbón vexetal feito a partir da madeira de vide e usado na fabricación de pólvora para fins pirotécnicos a principios do S. XX Na actualidade atópase en estado de ruínas.

MUÍÑOS DO RÍO DA IGREXA

Muiño no río da Igrexa

MUÍÑO Nº 1

Usada como vivenda, na súa parte baixa ou adega, atópase a parte inferior do muíño; sobre este achábase o piso e o tellado da vivenda. Polas referencias recollidas, parece ser que se trataba dun muíño de pago en especie. Atópase en estado de ruínas.

MUÍÑO Nº 2

Deste muíño só podemos encontrar os muros. Estado ruinoso.

MUÍÑO Nº 3

Muíño ubicado a uns trinta metros corrente abaixo do muíño Nº 2. Podemos ver na porta uns inscricións que rezan: AÑO 1917, 1931, 1967. Actualmente se encuentra en desuso.

MUÍÑO Nº 4

Muíño en estado de ruínas.

MUÍÑO Nº 5

Este muíño conta cun tixolo con lintel de cantería. A porta mira ao sureste e conta con sete cruces: dúas na xamba esquerda, outras catro na xamba dereita e a derradeira atópase encima dun pousadoiro, no lado esquerdo da fachada principal. Áchase en estado de ruínas.

MUÍÑO Nº 6

Muíño tipo, atópase en estado de ruínas.

MUÍÑO Nº 7

Deste muíño soamente se conservan os muros, fabricados de pedrada cantería. Áchase en estado de ruínas.

MUÍÑO Nº 8

Muíño tipo. Atópase en estado de funcionamento.

MUÍÑOS DOL RÍO LOUSADA

MUÍÑO DA REVOLTA, Nº 1

O Muíño da Revolta está ubicado no regato Carboeiro. Cun só tixolo, a mesa está orientada segundo a corrente da auga, de leste a oeste. Na fachada -orientada cara ao norte- ten unha porta con seis cruces: unha na xamba esquerda, outras tres na xamba dereita e as dúas últimas no lintel. Este muíño atópase actualmente en desuso.

MUÍÑO NOVO, Nº 2

Muíño de oito ou dez parceiros. A porta, situada ao noreste, conta cunha cruz na xamba esquerda. Está ubicado no regato de Lousada. Este muíño segue en uso na actualidade.

MUÍÑO DO PAZO, Nº 3

Muíño cunha soa pedra; conta cunha cruz latina situada no lado esquerdo da porta. Actualmente non está en uso.

MUÍÑO DE LOUSADA, Nº 4

Muíño tipo, actualmente en desuso.

MUÍÑO DOS XICOS, Nº 5

Muíño tipo, actualmente continúa funcionando.

MUÍÑOS DO RÍO DA FURNA

MUÍÑO DOS LAMAS, Nº 1

Muíño tipo. Actualmente atópase en desuso.

MUÍÑO DE FRIGUEIRO, Nº 2

Muíño tipo. Pódese ver no lintel da porta unha cruz latina. Actualmente encóntrase en desuso.

MUÍÑO DE ARDAO, Nº 3

Muíño tipo. Actualmente segue a ser usado.

MUÍÑO Nº 4

Este muíño conta cun cubo duns cinco metros de altura. Actualmente encóntrase en desuso.

MUÍÑOS DO RÍO DE POUSO

MUÍÑO Nº 1

Muíño tipo, actualmente atópase en desuso.

FICHA