Merca en Cabanas: bases e listado de de establecementos participantes

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Como xa adiantamos hai uns días, vense de pór en marcha a campaña “Merca en Cabanas”, unha proposta de promoción económica para potenciar o consumo e comercio locais. Coas compras que realicedes entre o 1 de xullo e o 31 de agosto nos establecementos participantes, poderás gañar vales para mercar no noso concello durante o outono.

Cales son os premios?

Facendo as túas compras e consumos en Cabanas poderás gañar

  • 1º premio: 200 euros en compras.
  • 2º premio: 150 euros en compras.
  • 3º premio: 100 euros en compras.
  • Ademáis haberá 20 premios adicionais de 50 € en compras!

Que teño que facer para participar?

Participar é simple. Consegue o teu cupón de participación nos establecementos adheridos, na Casa do Concello ou na Oficina de Información Turística e segue os seguintes pasos:

  • Fai as túas compras nos establecementos adheridos á campaña entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2020.
  • Por cada 5 euros de gasto, o establecemento selará un espazo no boleto.
  • Cada boleto debe ter, como mínimo, selos de catro establecementos participantes para ser considerado válido.
  • Ao completar o boleto, cubre os teus datos e deposítao en calquera das urnos que atoparás nos establecementos participantes.
  • Podes completar tantos boletos como queiras para multiplicar as posibilidades de gañar

As bases completas pódense consultar aquí.

Cales son os establecementos participantes?

  • Fragas do Eume
  • Carnicería Albino Castro
  • Peluquería Elisa Allegue
  • BK.22
  • Xicos
  • Panadería García López
  • Huerta y Sabor
  • A Mediña
  • Farmacia Paloma Fuentes
  • Mundo Piquelo
  • Beladona
  • Comesano
  • O Mesón
  • Arenal Salud
  • Clínica Veterinaria Cabanas
  • AUTGA – Bico de Xeado
  • La Solana
  • Cafetería Yellow
  • Super Pepucha
  • Hotel Iberia
  • O Chiringuito
  • Los Pinares
  • Argentina
  • Elena
  • El Pinar
  • Apartamentos Rosa Jove
  • QuiroPorto
  • Xoiería Rosa Higuero
  • Super A Torre
  • El rincón del Frayán
  • Peluquería Bibi Ares
  • Ambigú CCRD Porto.
  • Casa Feal
  • Villa Valedoso
  • A Lareira
  • Sampayo
  • El Llano
  • Clínica Dental Julio Novoa
  • Clínica Dental Fernando Pereira

Podes consultar a súa ubicación neste mapa de Google Mapas.

Share.

Comments are closed.