Mércores, Novembro 25

Medidas adoptadas no novo estado de alarma

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Goberno do Estado anunciou onte un novo estado de alarma como medida para tratar de conter e expansión da COVID-19. Estas medidas concrétanse nun BOE, que se pode consultar neste enlace, e supón un marco no que os diferentes gobernos autonómicos poderán adoptar medidas concretas.

As principais medidas adoptadas neste estado de alarma son as seguintes:

  • Restrición da mobilidade nocturna entre as 23.00 – 06.00h agás causas xustificadas (traballo, coidado de persoas dependentes, emerxencias…). Pode variar en función do que ditaminen os gobernos autonómicos. En Galiza, polo de agora, aplícase este horario.
  • Limitación da permanencia de persoas en espazos públicos ou privados a un máximo de 6 persoas. Corresponde aos Gobernos autonómicos modular este número máximo. En Galiza esta limitación é de 5 persoas.
  • Limitación de entrada / saída das Comunidades Autónomas. Correspóndelle aos Gobernos autonómicos decidir se aplican (e como aplican) esta medida. En Galiza, actualmente, non se aplica.
Share.