Xoves, Setembro 24

Licitadas as obras para o arranxo dos camiños do Batán e Os Bouces

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de anunciar a licitación das obras para o arranxo dos camiños do Batán e Os Bouces, dúas actuacións que se desenvolverán con cargo ao Plan marco de mellora dos camiños municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR).

Ditas actuacións serán levadas a cabo pola empresa Canarga SL, que presentou a oferta máis vantaxosa das cinco empresas que se presentaron á licitación, e suporán unha inversión de 30.400 euros.

O goberno local valora positivamente estas obras de mellora, que considera imprescindíbeis e prioritarias dado o mal estado do firme en ambos camiños municipais.

Share.