Sábado, Agosto 15

Libros para disfrutar no confinamento

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Este xoves, 23 de abril, celebraremos o Día Internacional do Libro, e aproveitando esa data queremos saber cal é o voso libro favorito escrito en galego e o porqué. Desta maneira, entre todas e todos recompilaremos unha chea de propostas para ler e botar a imaxinación a andar desde as nosas casas.

Como agradecemento por compartirnos as vosas suxerencias lectoras faremos un sorteo entre as persoas participantes de tres vales para mercar o libro que queirades na libraría do noso concello. O sorteo farase o mesmo xoves 23, e haberá tres categorías, correspondentes aos tres vales: infantil, xuvenil e adulto.

Que tedes que facer para participar no sorteo? Simplemente deixar un comentario na publicación sobre esta nova na nosa páxinade Facebook indicando o título do voso libro favorito escrito en galego e o motivo polo que vos gusta tanto. E se acompañades o comentario dunha foto da portada, mellor que mellor!

Animádevos! Devecemos por coñecer cales son as vosas obras preferidas!

Share.