Domingo, Xaneiro 17

Intensifícanse as labores de limpeza e desinfección ante o aumento de casos COVID no noso concello

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Nos últimos días Cabanas experimentou un importante crecemento no número de casos activos por COVID-19, situándonos nas peores cifras de contaxio desde que se iniciou a pandemia provocada polo coronavirus. Ante esta grave situación, desde o Concello rogamos extremar as precaucións e seguir estritamente as recomendacións sanitarias para evitar a propagación do virus e as súas consecuencias para a saúde das persoas.

Entre as diferentes medidas adoptadas polo goberno local para facer fronte a esta fase da epidemia, o Concello de Cabanas informa da intensificación das medidas de limpeza e desinfección, especialmente naqueles puntos que concentran un maior tránsito de persoas, como son o Centro de Saúde, o CEIP Eladia Mariño, o Punto de Atención á Infancia “As Viñas”, a zona comercial, o Paseo Marítimo ou as paradas de autobús.

Ademais, desde o goberno local lémbrase ás persoas que están confinadas nos seus domicilios, ben por ser casos positivos ou ben por ser casos sospeitosos, que o Concello de Cabanas está á súa disposición para atender as súas necesidades máis inmediatas, a través dos teléfonos 981 495 959 ou WhatsApp 637 559 873.

Share.