Innovación Tecnolóxica, Emprego e Promoción Económica

A Área de Innovación Tecnolóxica, Emprego e Promoción Económica é a encargada de xestionar todo o que ten a ver coa innovación, apostando por un concello conectado e intelixente, e tamén da promoción económica e do fomento do emprego, a partir de diversos plans e actividades de formación e orientación.

O servizo dispón de atención ao público previa cita:

  • innovación@cabanas.gal
  • emprego@cabanas.gal

Merca en Cabanas

Merca en Cabanas é un programa de promoción do comercio e a hostalería locais, a través de liñas de axuda e campañas que fomentan o consumo sen saír do concello. A primeira edición celebrouse no verán de 2020, e desde aquela veñen de sucederse diversas campañas máis.

Acceso WiFi de balde

A Área de Innovación puxo en marcha accesos WiFi sen fíos en diversos puntos do Concello a disposición do público. Están situados na Casa do Concello, na antiga Casa do Concello, no Apeadoiro, no PAI As Viñas, no campo de fútbol A Veiga, na Escola Laica, Oficina de Turismo e Escola de Lavandeira.

Banco de Dispositivos Dixitais

O Banco de Dispositivos Dixitais nace co obxectivo de facilitar o acceso de todas as persoas ás TIC, ao tempo que serve para darlle unha segunda vida aos dispositivos que aínda funcionan e non se usan.A través deste Banco de Dispositivos Dixitais, garántese que todas as persoas de Cabanas que debido á súa situación social, laboral ou formativa, precisen dispor de equipamento informático para o desenvolvemento da súa actividade, poidan facelo de maneira gratuíta, en réxime de cesión temporal durante o tempo que sexa preciso. Información e descarga de formularios (pdf)