Sábado, Outubro 31

Inicio do programa “Memoria dun século” en Regoela

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Esta semana iniciouse en Regoela o programa “Memoria dun Século”, un proxecto de historia oral e saúde comunitaria con perspectiva feminista dirixido a persoas maiores, que ten como obxectivo elaborar o relato de cen anos de historia dunha parroquia, a de Regoela, ao tempo que xera un espazo de cohesión social e se traballa a memoria individual.

 

Os obradoiros desenvolveranse con enfoque de xénero, recoñecendo o papel das mulleres, que aínda sendo igualmente donas da historia da súa parroquia foron silenciadas e subestimadas, e creando unha oportunidade para reconstruír 100 anos de historia igualitaria en Regoela.

Terán carácter semanal, celebrándose os xoves, cun total de entre seis e nove sesións. Ao remate do proxecto, as aportacións destas sesións recolleranse nunha publicación editada polo Concello.

Share.