Martes, Decembro 1

Infraestruturas e Servizos


A Área de Infraestruturas e Servizos encárgase de xestionar a prestación e o mantemento dos servizos de auga, lixo e alumeado, das infraestruturas dos edificios e equipamentos municipais, a pavimentación e conservación das pistas municipais, a limpeza de espazos públicos, parques e zonas verdes, así como pular pola eliminación de barreiras arquitectónicas.

Recollida de voluminosos

Cabanas conta cun servizo de recollida de voluminosos que funciona todas as noites dos martes aos mércores. Os enseres deben deixarse xunto os colectores do lixo.

Xestión de incidencias

A notificación de incidencias na vía pública pode xestionarse por vía telefónica no 981 495 959, ou ben a través da páxina web http://www.lineaverdecabanas.gal/ ou da aplicación Línea Verde, dispoñíbel para Android e iOS

Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=lineaVerde.App&hl=es

iOS: https://apps.apple.com/es/app/l%C3%ADnea-verde/id556432672

Trámites destacados

Solicitude de alta de abastecemento e subministro de auga potábel

Este trámite permite solicitar a alta no servizo público de abastecemento e subministro de auga potábel

Enlace

Solicitude de baixa de abastecemento e saneamento de auga potábel

Este trámite permite solicitar a baixa no servizo público de abastecemento de auga potábel

Enlace