I Certame de Poesía polo Día das Letras Galegas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, vén de convocar o “I Certame de Poesía” para conmemorar o Día das Letras Galegas, unha data adicada este ano ao autor ferrolán Carvalho Calero.

O obxectivo deste certame é fomentar o uso e o prestixio da lingua galega a través da expresión artística a e creatividade, e está dirixido a persoas de todas as idades, xa que se establecen tres categorías: intantil (até 12 anos), xuvenil (de 13 a 17) e adulta (de 18 en adiante).

O prazo de presentación das obras, que deberán ser textos inéditos e integramente en lingua galega, remata o propio domingo 17 de maio ás 23 horas, debendo facerse a través do correo normalizacion@cabanas.gal seguindo as pautas establecidas nas bases que se poden consultar más abaixo. Como veredes, é preciso cubrir tamén unha ficha de inscrición, que podedes descargar no seguinte enlace:

“Haberá premios para as persoas gañadoras en cada unha das tres categorías, e todas as participantes recibirán tamén un agasallo”, sinalou a concellería de normalización lingüística, Paula González, quen animou á poboación a participar na cita.

Share.

Comments are closed.