Guía práctica para os paseos e adestramentos permitidos desde o 2 de maio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A partir deste sábado, 2 de maio, alívianse as medidas de desconfinamento, e poderán saír á rúa diferentes colectivos de persoas de todas as idades. A continuación podedes ver de xeito resumido as diferentes condicións establecidas, aínda que cómpre lembrar que as saídas non están permitidas se se teñen síntomas compatíbeis coa COVID-10.

Quen?

Paseos:

  • Nenas/os (até 14 anos): acompañados dunha persoa adulta (familiar/coidadora) que conviva na mesma vivenda. Cada persoa adulta pode responsabilizarse dun máximo de 3 menores.
  • Maiores de 14 e persoas adultas: poden saír en solitario ou en compañía dunha persoa que resida na mesma vivenda.

Práctica deportiva e coidado de hortas:

Permítese a práctica de deporte ao aire libre de forma individual. Tamén o coidado de hortas de xeito individual, agás nos casos de coidado de menores ou de persoas con dependencia.

Cando?

Cada día, desde as 06:00 até as 23:00 horas, durante unha hora diaria como máximo no caso das crianzas e sen límite dentro da franxa no resto dos casos . Non existen horarios por colectivos por ter Cabanas menos de 5.000 habitantes.

Onde?

  • Os paseos deben realizarse nun radio de como máximo 1 km con respecto ao domicilio. Recoméndanse espazos abertos (Paseo Marítimo, Piñeiral, senda entre pontes, camiños, bosques… ) Non se poden empregar pistas deportivas nin xogos ou parques infantís, que permanecerán pechados.
  • Para a práctica deportiva establécese o límite do termo municipal de Cabanas dentro do horario previsto.
  • O coidado das hortas pode realizarse sempre e cando estea en Cabanas ou nos municipios limítrofes.

Como?

É fundamental respectar as medidas de distanciamento social con respecto a outras persoas. Os menores non poderán xogar con outros nenos fóra da súa unidade familiar, e tanto menores como adultos deberán manterse a máis de dous metros de calquera persoa coa que non convivan.

Non se pode facer uso do vehículo ou do transporte público para achegarse aos espazos nos que se ten previsto realizar deporte ou pasear.

O uso de máscaras é recomendábel, mais non obrigatorio. É unha medida de seguridade máis. Deben empregarse segundo as normas establecidas, tendo moito coidado de non contaminarse.

Lembramos tamén as recomendacións de hixiene ao regresar das actividades permitidas: evitar tocar a cara, hixiene de mans, cambiar calzado e roupa ao chegar á casa.

Share.

Comments are closed.