Emprego

O Concello contratará catro peóns e un albanel ó abeiro do PEL-Concellos
  • Xoves, 21 Xuño 2018

Ábrese hoxe o prazo de presentación de solicitudes para concurrir ó proceso selectivo

Cabanas, 21 de xuño de 2018. O Concello de Cabanas contratará a catro peóns e a un albanel oficial de segunda ó amparo da liña de subvencións concedida pola Deputación Provincial da Coruña no marco do programa PEL-Concellos. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba onte o anuncio da convocatoria, co que hoxe se abre o prazo para a presentación de solicitudes para concurrir á mesma.

O Concello de Cabanas contratará dez operarios para a limpeza de praias no verán
  • Venres, 15 Xuño 2018

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ós postos

Cabanas, 15 de xuño de 2018. O Concello de Cabanas contratará por espazo de tres meses dez operarios para a limpeza e mantenemento do entorno da praia e piñeiral da Madalena e os areais de Chamoso e Río Castro. Unha contratación que, segundo explicou o alcalde, Germán Castrillón, financiarase con cargo á liña de subvencións da Deputación provincial da Coruña.

Páxinas