O Concello de Cabanas convoca o proceso selectivo para a provisión dunha praza de operario/a condutor/a

Galego

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria

Será unha contratación laboral temporal, na modalidade de interinidade e a xornada completa, coa finalidade de substituír ao traballador que viña desempeñando dito posto por mor da súa baixa médica

Cabanas, 1 de marzo de 2019. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases para a provisión dunha praza de operario/a condutor/a, persoal laboral temporal, e a constitución de Bolsa de Emprego. O Concello procederá á contratación laboral temporal, na modalidade de interinidade e a xornada completa, coa finalidade de substituír ao traballador que viña desempeñando dito posto por mor da súa baixa médica.

Entre as funcións a desenvolver está condución de vehículos e maquinaria do Concello; realizar o mantemento mecánico básico e conservación dos vehículos do Concello e accesorios; especializarse na condución de maquinaria pesada que o Concello estime oportuna, como camións, tractores con apeiros axustados, etc.; cando non realice as labores de condución colaborará na execución das tarefas de mantemento básico asignadas ao resto dos traballadores que integran a Brigada de Obras, e sempre baixo a supervisión do Encargado; calquera outra tarefa propia da súa categoría que lle sexa encomendada expresamente desde o Encargado de Obras, ou ben directamente desde a Alcaldía ou Concellería correspondente, así como Oficina Técnica de Urbanismo, e calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico.

A duración do contrato estenderase até a incorporación do traballador substituído, mentres dito traballador conserve a reserva do seu posto de traballo, ou, no seu caso, até que se proceda á provisión por persoal laboral fixo a través da correspondente Oferta de Emprego Público.

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo faranse mediante instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello de Cabanas (de luns a venres de 9 horas a 14 horas) durante o prazo de cinco (5) días hábiles, cómputo que se iniciará ao día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se poderán presentar na forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Tags: