Inicio

Cabanas chama a participar na andaina “Primavera no Camiño”
  • Luns, 29 Xuño 2020

O Concello de Cabanas anuncia a súa participación na Andaina “Primavera no Camiño”, unha actividade que se desenvolverá simultaneamente o sábado 4 de xullo nos concellos pertencentes á Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

O obxectivo desta actividade é realizar unha peregrinación segura no Camiño Inglés dentro do territorio de cada concello. Así, en todos os concellos á mesma hora – a partir das 10h do 4 de xullo – percorrerase o treito correspondente ao Camiño Inglés.

Merca en Cabanas: nova campaña de promoción do comercio local
  • Xoves, 25 Xuño 2020

O Concello de Cabanas, a través da área de promoción económica, vén de presentar a campaña “Merca en Cabanas”, unha iniciativa que ten como principal obxectivo a revitalización do comercio e a hostalería local, despois de que esta se vise afectada pola crise da COVID-19.
 

Páxinas