Inicio

Resultado provisional do proceso selectivo do Programa Limpeza Praias
  • Martes, 14 Xullo 2020

A continuación pódese consultar o resultado provisional do proceso selectivo do Programa Limpeza Praias. As persoas interesadas teñen até o próximo xoves 16 de xullo, ás 13h, para presentar as reclamacións que consideren oportunas a través do Rexistro Xeral do Concello de Cabanas.

Consulta o resultado nesta ligazón.

Lista definitiva de persoas admitidas para a selección de dez postos de peón
  • Luns, 13 Xullo 2020

A continuación pódese consultar a lista definitiva de persoas admitidas para a selección de dez postos de peón.

Así mesmo, tamén se convoca ás persoas aspirantes ás probas da fase de oposición para mañá, 14 de xullo de 2020, en tres quendas que se poden consultar na propia lista.

As persoas aspirantes deben vir provistas de máscara de protección e bolígrafo.

Aberto o prazo de solicitude para participar na Feira de Santa Marta
  • Xoves, 09 Xullo 2020

O Concello de Cabanas vén de anunciar a apertura do prazo de solicitude para participar na Feira de Santa Marta, que contará con dous espazos diferenciados, un destinado a artesanía e alimentación, e outro como feira extraordinaria para o resto de produtos.
 
As persoas interesadas en participar cos seus postos teñen de prazo até o 23 de xullo, xoves, para presentar as solicitudes por rexistro, mediante o formulario que poden atopar na páxina web cabanas.gal. 
 

Cabanas retoma a atención na Oficina de Información Turística
  • Martes, 07 Xullo 2020

O Concello de Cabanas vén de anunciar a apertura ao público da Oficina de Información Turística, situada no Parque do Areal, logo de ter completado o proceso de selección de persoal aberto hai unhas semanas.

O servizo de atención a visitantes funcionará os luns, mércores, xoves, venres e domingos de 9 a 15 h, e os sábados de 9 a 16.30h. Os martes, a oficina permanecerá por descanso do persoal.

Páxinas