Formación tecnolóxica sobre enxeñaría e voo de drons

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de mocidade, organiza unhas xornadas de formación tecnolóxica sobre enxeñaría e voo de drons, destinadas as mozas e mozos de entre 12 e 21 anos.

A actividade desenvolverase a través de tres sesións, que se celebrarán os venres 30 de outubro, 6 e 13 de novembro, en horario de 17.30 a 20.30 horas no Pavillón de Lavandeira.

“As prazas están limitadas a 8 persoas, que traballarán en grupos de catro persoas para cumprir coa normativa sanitaria vixente”, sinalou Carlos Ladra, alcalde e concelleiro de mocidade.

Aquelas persoas interesadas en participar deben inscribirse escribindo a xuventude@cabanas.gal ou chamando ao 649 075 263.

Share.

Comments are closed.