Fontes

FONTE DOS CORGOS

Parroquia: Cabanas

Folla IGN: 22

Ubicada tras o pazo de Rioboo e reconstruída en 1985. Ten un cano de granito descansando en pedras de cantería. O resto da fonte está feito de pedras de granito. Podemos ver o que podería ser a cuberta a dúas augas. Aos lados da fornela, o muro é de pedra de granito.

FONTE DE EIRÍS

Parroquia: Eirís

Folla IGN: 22

Pegada ao muro, a beira do camiño está a fonte de pedra con dous canos rematada por unha cornixa plana; unha fornela cuadrangular encóntrase á esquerda, axustada no muro, usada para colocar os cubos; á dereita atópase un lavadoiro de cemento.

FONTE DA COSTA

Datación: S. XX

Parroquia: Porto

Folla IGN: 22

Construída polo concello xunto a outras de estilo similar. De corpo rectangular feito en pedra de cantería de granito e rematado por unha cornixa. Esta, no seu centro, transfórmase nun frontón triangular. A auga cae de dous canos nun pilón rectangular de cemento.

FONTE DA EIREXA

Parroquia: Soaserra

Folla IGN: 22

Ubicada na cara exterior no muro do adro da igrexa parroquial, a auga cae de un cano de granito que sobresae do muro e cae nun pilón de forma rectangular, feito nunha soa pedra traballada en cantería de granito.

FONTE DA PEDRA DO COUTO

Parroquia: Eirís

Folla IGN: 22

Fonte cun lenzo de cantería rematado -segundo as zonas- por lousas colocadas en forma de cornixa. A auga cae por un cano ao pilón de granito de unha soa peza. Ao pé da fonte hai un lavadoiro de laxes de pizarra e restaurado con cemento.

FONTE DA PENA

Parroquia: Eirís

Folla IGN: 22

Fonte de estructura simple, conta na parte inferior cun pilón cuadrangular de granito, pegado por un dos lados ao lenzo, tamén de granito. Del brota a auga por un cano. Enriba hai un frontón semicircular.

FONTE DE SAN MAMEDE

Parroquia: Laraxe

Folla IGN: 22

A Fonte de San Mamede foi cambiando a súa ubicación co tempo, ata en tres ocasións, estando sempre cercana á igrexa. Por mor destes cambios foi perdendo algún dos seus elementos arquitectónicos. Actualmente conta cun pilón rectangular de granito, corpo de forma tamén rectangular feito con pedras de cantería de granito.

FONTE DE FORMARIZ

Datación: S. XX

Parroquia: Eirís

Folla IGN: 22

Fonte de corpo rectangular a partir de pedras de cantería de granito; remátao unha cornixa plana; no centro convértese nun frontón triangular. A auga cae nun pilón de granito dunha soa peza por un cano. Xunto á fonte hai un lavadoiro de forma rectangular. Mándouse construír polo concello a principios de século. E baixo o frontón pódese ler a seguinte inscrición: EDIFICIO AÑO DE….. 8P J C M MUNICIPAL

FONTE DO PAZO DE FRAIÁN

Parroquia: Porto

Folla IGN: 22

Ubicado dentro do recinto amurallado do pazo de Fraián. Consta dun lenzo de pedra de granito excepto a parte do centro, onde catro pedras de cantería bordean unha pequena porta de madeira. Un cano deixa caer a auga nunha pila de cantería con forma oval.

FONTE DE LAVANDEIRA

Parroquia: Soaserra

Folla IGN: 22

Dous canos saen dun lenzo de cantería de granito deixando caer a auga nun pilón de forma rectangular feito dunha soa peza,realizada en cantería de granito; termina nun frontón de augas cóncavas sen molduras. Xunto á fonte encóntrase un lavadoiro de cantería.

FONTES