Domingo, Xaneiro 17

Firma do convenio do obradoiro dual “Artabro Emprende”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os alcaldes dos concellos de Cabanas, Monfero, Paderne, Pontedeume e Miño asinaron esta semana e convenio do obradoiro dual de emprego Artabro Emprende.

O obradoiro desenvolverase durante nove meses, e poderán participar nel até 20 persoas, correspondéndolle tres postos a Cabanas. Contará con dous módulos, un de “Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes” e outro de “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais”.

A subvención para a realización deste obradoiro, concedida pola Consellaría de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ten unha dotación económica de 346.946 euros.

Share.