Festas, Feiras e Mercados

A Área de Festas, Feiras e Mercados é a encargada de organizar as festas, feiras e mercados de interese municipal, e colaborar nas actividades festivas dos diferentes colectivos organizados do Concello de Cabanas.

Desde xaneiro de 2020 Cabanas conta cun Regulamento de Feiras e venda ambulante que regula aspectos como os horarios, as zonas de realización, as condicións de montaxe ou a documentación que necesitan presentar as persoas que monten os postos. Con este regulamento garántese a boa convivencia da actividade e se establece un texto de referencia á hora de resolver disputas na realización destas actividades.

Feira do 21

Cabanas celebra a súa feira mensual no Paseo da Madalena os días 21 de cada mes. É unha feira que inclúe produtos de alimentación, así como prendas de vestir e artigos para o fogar, entre outro.

Festa e Feira de Santa Marta

Santa Marta é a principal festa de Cabanas. Celébrase entre xullo e agosto no entorno da praia da Madalena, e durante catro días combínanse espectáculos de música, teatro, actividades infantís, deporte, romaría e xantar popular, así como unha feira nun entorno excepcional.