Sábado, Outubro 31

Éxito da primeira “noite de morcegos” celebrada en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado sábado á noitiña celebrouse a primeira “Noite de morcegos“, unha actividade consistente nunha xornada de campo para a observación de morcegos celebrada no entorno do Río Castro, en colaboración coa Asociación Drosera.

Logo dunha introdución ao mundo destes animais, as persoas participantes puideron aprender a escoitar e identificar a actividade dos morcegos, así como as técnicas que se empregan para o seu estudo. Realizouse ademais unha pequena camiñata nocturna que permitiu visitar diferentes puntos, próximos ao río, onde se puideron contemplar varios exemplares.

A actividade, incluída dentro da estratexia Cabanas Sostíbel, serviu tamén para poñer fin á exposición “Morcegos de Galiza”, que durante quince días estivo aberta ao público nas dependencias municipais. Nela, a través de varios paneis informativos, explicábanse curiosidades sobre os quirópteros galegos, e o seu papel fundamental na conservación do medio.

Share.