Luns, Setembro 28

EU♥UE: Conexión Europa 4.0, acción de dinamización en liña dirixida á mocidade da provincia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Hoxe queremos falarmos de “EU♥UE: Conexión Europa 4.0“, unha acción de dinamización en liña dirixida á mocidade da provincia e organizada por Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña.

As persoas destinatarias da acción son as mozas e mozos de entre 16 e 25 anos pertencentes aos diferentes concellos da provincia, e se desenvolverá ao longo desta semana, entre as 11.00 e as 12.15h, a través de sesións en liña, formativas e de debate, co obxectivo de dar a coñecer as iniciativas e programas europeos dirixidos á mocidade, fomentando así a participación no debate europeo.

A información sobre esta acción pode consultarse nesta ligazón.

Share.